miércoles, agosto 08, 2012

Urko

Definición de Urco:O can do Urco ou can do Mar[1] é unha figura mitolóxica galega. Trátase dun animal fantástico que adoita adoptar a forma dun enorme can negro ou branco con cornos e orellas longas[1][2] que sae do mar arrastrando cadeas.( Fonte: Wikipedia)
Xa, xa sei que é un pit bull negro con cornos, nunca vin un Urco asi que tiven que inventalo. Viches ti un???? Ah, vale.... XD
Segunda peza da serie Bestiario. Edición de 10 exemplares. Á venta en Viñetas (stand Agpi). Papel Fabriano Academia de 300 g. 35 x 50 cm (impresión de 22,5 x 32 cm). 35 euros.

No hay comentarios: